Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns (Vigo)

Na asemblea celebrada o 15 de outubro de 2010 informouse no punto 4 sobre o Plan Xeral de Urbanismo no ámbito da nosa Parroquia.

A información subministrada acerca dos 5 núcleos rurais que existen na Parroquia de Zamáns atópanse no apartado de urbanismo na web.

 

En tódolos núcleos distínguese dúas tipoloxías de solos, o consolidado e a zona de expansión.

 

Consolidado:

            Parcela mínima 600 m2

            Ocupación 50%

            Edificabilidade 0,5 m2/m2

            Fronte da parcela 16 m illada e 10 m pareada.

 

Ampliación de núcleo:

            Parcela mínima 800 m2

            Ocupación 35%

            Edificabilidade 0,4 m2/m2

            Fronte da parcela 20 m illada e 12 m pareada.

 

Tal e como se reflexa na Normativa Urbanística do Concello, paxinas 440,441,442 nos núcleos rurais e necesario a execución de Plans Especiais de Protección, Rehabilitación, e Mellora do Medio Rural, para a obtención de licencias nas zonas de ampliación de núcleo.

 

O compromiso acadado pola actual directiva da Asociación de Veciños e axudar o desenrolo destes plans, coordinando a acción de tódolos interesados cara o Concello de Vigo, e no caso de non ser posible, trasladar as autoridades locais as demandas necesarias para que estas se teñan en conta,  permitíndonos cumprir o noso compromiso.

 

O interese da Asociación de Veciños e que o desenrolo urbanístico se realice de forma ordenada e cumprindo a legalidade vixente.

 

Consideramos que ata o momento podemos sentirnos orgullosos do urbanismo en Zamáns e queremos seguir mantendo este orgullo.

 

Para levar a cabo o desenrolo do Plan e necesario que cada veciño interesado descargue a solicitude e por duplicado a presente nas oficinas da Asociación.